Páxina pechada. Lanzamento: 26/09/2014. Peche: 30/06/2019.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Centros Comerciais Vigo

  • Locais Baleiros
    • Gran Vía: 13
    • Praza Elíptica: 14
    • A Laxe: 14(?)
    • Camelias (?)
    • Travesía: 2
  • (Segundo o Anuario Económico de España 2013, La Caixa):
    • Volume Anual de Vendas: Vigo-1309 millóns; A Coruña-1239 millóns.
    • Poboación Estimada da Área Comercial: Vigo-736.750; A Coruña-937.388
  • Fracasos
    • Pizarro. Pretendía edificar 8.000 metros cadrados de uso comercial e tres sotos de aparcadoiro. Despois de intentar levalo adiante contaba con licenza dende hai máis de catro anos (2009). Os retrasos sucesivos e a poxa do solar en setembro por impago do préstamo a Novagalicia Banco mais a caducidade do permiso déronlle o carpetazo definitivo.
    • Centro Comercial Aberto Príncipe: A chamada milla de ouro viguesa acumula unha vintena de locais pechados [2014].
  • Mobilizacións veciñais con respecto a Centros Comerciais
    • A Laxe: Houbo mobilizacións veciñais no casco vello antes da construción do CC A Laxe por unha estrutura que calificaban de “atentado urbanístico permitido”. O lema da campaña foi “Abrir ou pechar Vigo ao Mar?” e denunciaba como ese novo centro comercial acababa definitivamente coas vistas dende o miradoiro da Pedra.
    • Porto Cabral: Preténdese crear un CC de 185.000 m2 en Cabral. A empresa promotora asegura que inverterá máis de 1.000 millóns de euros e creará 3.000 postos de traballo. Mentres xs comuneirxs permanecen divididos. Aínda así as protestas son moi activas e frontais. A mesmas teñen provocado a detención dalgúns dxs manifestantes. Nota: O presidente da Comunidade de Montes de Cabral foi imputado por apropiación indebida en tódolos supostos.
  • Construción do novo Centro Comercial Bandeira (Situado no Calvario)