Páxina pechada. Lanzamento: 26/09/2014. Peche: 30/06/2019.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Quen Somos, Que Buscamos

 

Recuperar Os Barrios é unha campaña de ECOAR))) que pretende protexer e recuperar o patrimonio cultural, histórico, artístico e natural dunha comunidade que se atopa ameazado por procesos especulativos, así como dignificar a memoria colectiva e as diferentes persoas que o constrúen e o habitan.

 

Recuperar Os Barrios é unha campaña que pretende:

-Denunciar e actuar contra os procesos de especulación urbanística.

-Sensibilizar á sociedade dunha comunidade determinada da perda global (non só física) que supón a destrución do seu patrimonio.

-Revalorizar o patrimonio “esquecido” das comunidades.

-Ofrecer alternativas sobre as que recuperar o patrimonio ameazado.

-Dinamizar con iniciativas e accións participativo-reflexivas e críticas os espazos denunciados.