As 78 vidas da Panificadora

O futuro da Panificadora ocupa a atención de arquitectos de todo o mundo. O concurso lanzado en outubro pola revista internacional Future, no que retaba a idear proxectos para a antiga fábrica de pan e fariñas, recibiu 78 formulacións procedentes de Asia, Sudamérica ou Europa do Leste.

Por obra e graza da revista de arquitectura Future a Panificadora ten, desde agora, 78 posibles “reencarnaciones”. O concurso lanzado en outubro pola prestixiosa publicación internacional, na que convidaba a imaxinar usos para a antiga fábrica de pan e fariñas, pechouse o 22 de novembro con 78 proxectos chegados de todo o mundo. Un xurado español seleccionará agora as dez propostas máis atractivas; de entre elas expertos internacionais escollerán o 12 de decembro aos gañadores, mencións e finalistas.

Jesús Irisarri, profesor dos Proxectos Arquitectónicos ETSAC e parte do xurado nacional, destacaba onte o número “bestial” de proxectos que se presentaron ao concurso e a “sorprendente” diversidade da súa procedencia. Arquitectos de Asia, Sudamérica ou Europa do Leste -ademais de España- responderon o reto lanzado por Future. Outra característica común dos concursantes é a súa mocidade, xa que o certame fixa que os participantes non poden ter máis de 35 anos.

As ideas expostas concilian o aproveitamento público e residencial da Panificadora. Un aspecto que Irisarri destaca e explica recorrendo á imaxe dunha “terceira vía” na que ambos os usos non son excluíntes. “É unha opción, veremos se resulta viable”, anota o profesor, quen recoñece que o gran atractivo do concurso é que abre e incentiva a reflexión. “Traballan nun ámbito académico, sen ter que aterse ás normativas”, engade Irisarri.

A Panificadora olívica non é o único espazo que participa do concurso de Future. A revista tamén abriu unha segunda convocatoria -dentro do mesmo certame- que ten como protagonista a cidade de Harbín, na provincia chinesa de Heilongjiang. As bases, calendario e selección son iguais ao que se centra no edificio de Vigo.

FONTE: http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/12/01/78-vidas-panificadora/924495.html