A Cova dos Ratos denuncia ante as autoridades á propiedade do Barrio do Cura

A Cova dos Ratos (a través do nome dunha das súas socias) denunciou ante ás autoridades o grave abandono e detorio no que ten a propiedade ao Barrio do Cura. Este abandono crónico  conlevou que, durante os temporais do outono de 2014,  o esboraemento de boa parte dos perpiaños dunha das súas partes máis belas, valiosas e recoñecidas: o conxunto de vivendas populares dos números 10,11,12 e 13.

O derrube no seu estado no mes de novembro

O derrube no seu estado no mes de novembro

O estado xeral do conxunto, recoñecido como Ben de Interese Cultural de Galicia no 2006, é lamentable, unha vergoña para a nosa cidade, que demostra cales son auténticos intereses do poder político e económico da nosa sociedade.

Nesta foto (de ECOAR) de fai un ano podese apreciar o abandono dos inmobles e espazo pública ao que está sometido este conxuto.

Nesta foto (de ECOAR) de fai un ano podese apreciar o abandono dos inmobles e espazo pública ao que está sometido este conxuto.

Dende que a especulación urbanística forzou o despoboamento e abandono deste Barrio e outras zonas incluidas no ” Ámbito de Planeamento Remitido A-4-01″ (cousa odiosa en si mesma) non se teñen feito ningún traballo de consolidación e mantemento destes bens que son patrimonio de todas as galegas.

De tal xeito que todos temos que lamentar o dano (quizais non irreparable, pero si moi custoso e desvirtuador) deste tipico, e ao mesmo tempo senlleiro, conxunto do s XIX que consistia de casas populares que contan cuns interesantes espazos comúns (soportais-pasarela, praziña e lavadoiro).

Na Cova dos Ratos cremos que é evidente que a propiedade (actualmente Valery Karpin & asociados) está a infrixir gravemente a Lei Patrimonio cultural da Comunidade Autónoma de Galicia (en concreto o artigo 91 c) da Lei 8/1995, de 30 de outubre).

Ademáis, a día de hoxe,  tampouco se fixeron ningún traballo de reparación dos danos ou sequera consolidación dos perpiaños que está arredor do derrube, co que é posible que se volten a reproducir feitos semellantes.

Estado a finais de xaneiro do 2015…ainda non se fixo nada para arranxar a desfeita. Propietarios e administracións públicas son responsables xuridicamente deste “segundo abandono” dun Ben de Interese Cultural de Galicia. Foto ECOAR.

As autoridades deberían actuar e sancionar aos responsables. En caso de que este escrito de denuncia non sexa correctamente levado, a Cova dos Ratos continuara a súa denuncia ante os tribunais.

Dende a Cova dos Ratos animamovos a difundir e participar na loita por unha cidade xusta, sostible e fermosa, e contra os prebostes e especuladores que están a convertir o noso pais, e o mundo enteiro, nunha desfeita so apta para ás elites.

O espazo actualmente abandonado, cando ainda tiña xente e vida (foto de “El Pueblo Gallego”, 6-3-1968)

O espazo actualmente abandonado, cando ainda tiña xente e vida (foto de “El Pueblo Gallego”, 6-3-1968)

Escrito denuncia

doc 1 anexo denuncia

doc 2 denuncia

bdc-6-3-68