O Superior anula o PERI do Barrio do Cura ao excluir unha parcela do Fogar San Xosé

O fallo chega trala anulación, fai dous meses, do PXOM, o que deixou ao Plan Especial sen “o instrumento de ordenación que lle servía de apoio” – Cabe recurso ante o Supremo.

Asilo1O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de tombar o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do Barrio do Cura ao excluir unha parcela da Casa de Caridade de Vigo Fogar San Xosé. O Superior falla así a favor deste colectivo -representado polo despacho de Juan José Yarza- que presentará un recurso contencioso administrativo contra o acordo plenario do 2 de Xuño de 2014 que deu luz verde ao PERI. A consecuencia directa é a anulación de dito plan do Barrio do Cura. Contra a sentencia do Superior cabe recurso ante o Tribunal Supremo.

Os terreos afectados estaban destinados inicialmente a uso recreativo para os menores acollidos no Fogar San Xosé, se ben o PERI contemplaba ali, entre outros destinos o de realoxo. Ante esa circunstancia o colectivo recurriu no que atañe ao seu solar, o acordo do pleno de 2014 que aprobou de forma definitiva o plan especial.

Fonte: http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/02/02/superior-anula-peri-barrio-do/1396566.html