Zona Franca e Concello lanzan o proceso para recuperar a Panificadora
A moción do alcalde de Vigo, Abel Caballero, aprobouse por unanimidade para que tanto o Concello como Zona Franca se alíen na compra e na rehabilitación da Panificadora. O rexedor vigués dá “máxima importancia” a esta decisión mentres que Teresa Pedrosa insiste en que “son necesarios estudos e informes para ratifica-la viabilidade da operación”.
A moción aprobada acorda firmar un convenio no que ambas partes subscriben rehabilitar a antiga factoría. Non obstante Concello e Zona Franca fixaron que os termos da operación serán consensuados nunha negociación entre ambas partes. É dicir, non se partirá con todo decidido de anteman, senón que se abrirá o proceso para levar adiante o proxecto.
Ademais, no pleno aprobáronse outras dous mocións que levou o alcalde para desbloquear a ampliación do polígono industrial de Balaídos e do Parque Tecnolóxico de Valadares. Zona Franca asumirá o desenrolo das dous actuacións mediante un proxecto sectorial da Xunta.
Fonte: http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/09/12/zona-franca-concello-lanzan-proceso/1531974.html